viernes, 11 de noviembre de 2016

Acoso escolar

Todo comezou un luns pola tarde. Eu ía tranquila polo patio, cando de pronto, pasando por onde eu estaba, un grupo de rapaces comezaron a me insultar; eu ía cunha amiga, pero nin ela nin eu contestamos.
Uns días despóis, víronme durante o partido do meu irmán, acorraláronme, insultáronme, e eu saín correndo cara o baño, chorando; eles viñeron detrás e non me deixaron saír ata que de súpeto chegou un entrenador, e conseguín saír.
Tras un tempo, deixéi de comer, non quería ir a clases, non falaba con ninguén, chegaba a casa e pechábame na miña habitación, e non saía en todo o día.
Cheguei a adelgazar 13 kilos: de 38 pasei a pesar 25 kilos, máis ou menos. Estaba moi enferma. Os meus pais preguntábanme que me pasaba, pero eu nunca respostaba, ata que dous meses despóis, canseime e conteillo. Non o contara, por medo a eses rapaces.
Os meus pais falaron cos profesores e o director, pero non se resolviu nada ata un mes despóis. Tívenme que reunir cos rapaces e firmamos un papel. Seguiron meténdose conmigo ata que confesaron; dixeron que se meteran conmigo porque se aburrían e necesitaban unha diversión.
Despóis dun mes, empecéi a comer normal, e intentéi levar unha vida normal. Os rapaces pediron perdón. Cando me ven, dinme "ola", e en fin, todo ben. Agora estou moi contenta, xa podo ser feliz, xa podo ir ó centro sen medo.
Dou grazas a todos os que me apoiaron e que fixeron que ese inferno rematase.